Segundo óso metacarpiano
Aparencia
Segundo óso metacarpiano | |
---|---|
Segundo metacarpiano | |
Latín | ossa metacarpalia II |
Gray's | pág.228 |
O segundo óso metacarpiano é un dos cinco ósos do metacarpo. É o metacarpiano correspondente ao dedo índice. Dos cinco, é o metacarpiano máis longo.
Estrutura
[editar | editar a fonte]A base alóngase cara a adiante e cara a dentro, formando unha crista ósea. Na superficie superior posúe tres porcións articulares:
- unha pequena porción lateral, para se artellar co óso trapecio
- unha porción intermedia, que se artella co óso trapezoide
- unha porción medial, grande, que se artella co óso grande
No lado interno hai unha superficie ósea para artellarse co terceiro óso metacarpiano.
Na cabeza disponse unha superficie articular que se artella coa falanxe proximal do dedo índice.
Na superficie posterior do corpo do metacarpo recibe a inserción do músculo extensor radial longo do carpo, mentres que na parte anterior se insire o músculo flexor radial do carpo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.